Kid Flash múda-se de casa

0
71

O actor australián Keiynan Lonsdale trasladará o seu persoaxe de Kid Flash á série DC’s Legends of Tomorrow dende a actual The Flash, para encher o óco deixado pola marcha dos membros do reparto Victor Garber e Franz Drameh, quen interpretaban a Firestorm.

A série leva nestes intres xa emitida a metade dos seus dezaoito episódios desta tempada. No regreso, que será o episódio 10, veremos novamente a Matt Ryan interpretando a John Constantine, despois de que aparecera brevemente no derradeiro episódio de2017. Wally West/Kid Flash entrará en acción no episódio 11 e converterá-se nun membro mais do grupo das Lendas a bordo da nave temporal Waverider no episódio 13, polo que haberá que agardar algún tipo de despedida en The Flash, a série na que aparecía até agora.

Lonsdale xa interpretara ao persoaxe nunha breve aparición no episódio 3, no que loitaba contra o crime xunto a Steel (Nick Zano). DC’s Legends of Tomorrow regresará ás pantallas de televisión o vindeiro 12 de febreiro.