Caviezel confirmado para “Passion 2”

865

Jim Caviezel ven de ser oficialmente contratado para repetir o seu papel de Xesús Cristo en The Resurrection, a segunda entrega da saga de The Passion of the Christ que Mel Gibson dirixiu en 2004 e que supuxo un enorme éxito nos despachos de billetes. Hai cousa dun ano o director e actor australián xa anunciara que ía realizar a segunda parte, pero agora seica as cousas comezan a se mover mais á présa.

Caviezel xa ten algo de costume facendo papéis de deuses e santos da mitoloxía cristiá, porque ademais de facer de Xesús na primeira parte, tamén interpreta a San Lucas na vindeira Paul, Apostle of the Christ. El mesmo encargou-se de confirmar a súa participación nesta secuela: “hai cousas que non podo dicir que van abraiar á audiéncia. É xenial… non che direi como o vai facer [Gibson], pero si que che podo dicir isto, o filme que vai facer vai ser o mais grande da história. É así de bó“.

Randall Wallace, o responsábel do guión da primeira parte, tamén é o autor desta agardada secuela.