A equipa responsábel da série Gotham na Fox está a preparar un programa semellante no que a protagonista é a cidade e que conta a precuela doutro superheroe ben coñecido: Metropolis.
Ambientada na abraiante e impresionante Cidade do Mañá antes da chegada se Superman, Metropolis narrará as aventuras de Lois Lane e Lex Luthor mentres investigan o mundo da ciéncia mais alternativa e expoñen os secretos mais agochos da cidade.
A production correrá a cargo da Warner Bros. Television e a DC Entertainment e ten previsto comezar a se rodar finais deste ano nunha primeira tempada que durará 13 episódios e que se estreará en 2019 no novo servizo dixital que a DC planea lanzar a fináis de ano.
John Stephens e Danny Cannon serán os produtores executivos e Cannon dirixirá o primeira episódios a partir dun guión de Stephens.