J.J. Abrams regresa á tele

0
96

Após dunha axustada poxa, a HBO ven de se facer cos dereitos para producir a série fantástica Demimonde, unha nova ideia orixinal de J.J. Abrams para a televisión que suporá a primeira série que escribe dende que comezou con Fringe hai xa dez anos.

A história está centrada nunha família composta por unha nai científica, o seu home e mais unha filla pequena que sofren un terríbel accidente de coche. Despois de que a nai acabe en coma, a súa filla comeza a investigar os experimentos da súa nai no soto da casa.

Alí será transportada a outro mundo no médio dunha batalla contra unha forza monstrosa e asoballante. O seu pai daquela ségue-a a este novo mundo.

Abrams é o produtor de numerosas séries de televisión, entre elas Westworld na mesma canle HBO, pero esta é a primeira vez que ademais ocupa o posto de guionista dende hai moito tempo. A HBO quere encargar xa o comezo da produción, pero polo de agora non se sabe cantos capítulos serán.