A Amazon Studios ven de encomezar o desenvolvemento dunha nova série de televisión baseada nos clásicos libros de Conan o Bárbaro de Robert E. Howard.
Nesta versión, o heroico e musculoso espadachín é expulsado da súa pátria e deberá enfrontar-se ao “misterioso e traizoeiro mundo da civilización, onde buscará o seu propósito nun lugar que o rexeita coma un salvaxe estúpido“.
O creador de Colony, Ryan Condal, o produtor executivo de Fargo Warren Littlefield, e mais o director de moitos episódios de Game of Thrones Miguel Sapochnik unirán as súas forzas para sacar adiante este proxecto baixo os auspícios da Pathfinder Media e mais a Endeavor Content. A série foi creada e escrita por Condal e os tres serán os produtores executivos xunto a Fredrik Malmberg e Mark Wheeler.
Arnold Schwarzenegger e Jason Momoa foron os intérpretes do salvaxe bárbaro en anteriores aparicións na pantalla grande, pero a propiedade foi adaptada asemade moitas veces en cómics, videoxogos e séries de televisión.