Zemeckis regresa á ciéncia-ficción

0
55

Robert Zemeckis, o realizador responsábel de filmes memorábeis coma a saga de Back to the Future ou o clásico Contact, regresará ao xénero da ciéncia-ficción con Steel Soldiers, un filme de acción que está a desenvolver e que el mesmo producirá para a STX Entertainment e mais a chinesa Alibaba Pictures.

A história está ambientada nun mundo futuro onde os humáns e mais os androides loitan ombro con ombro. O filme narra as aventuras dun oficial das Forzas Especiáis caído en desgraza e obrigado a adestrar a unha nova equipa de soldados androides de alta tecnoloxía, pero que non están listos para o combate, e aos que deberá converter en oficiais da elite militar aos que enviar a unha misión imposíbel: o rescate do seu creador.

Zemeckis, Jack Rapke, David Styne e Jackie Levine serán os produtores, mentres que Ken Kaufman (Space Cowboys) está a escribir o guión. Os plans son expandir este filme a outros médios e plataformas para crear unha franquía.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here