Chris Columbus (Gremlins) ven de asinar o contrato polo que se compromete a escribir, dirixir e producir a adaptación á pantalla grande do popular videoxogo de terror orixinal de Scott Cawthon Five Nights at Freddy’s para a Blumhouse.
Lanzado por primeira vez en 2014 e merecedor xa de moitas secuelas e mesmo de dúas novelas, Five Nights at Freddy’s é un videoxogo no que un vixiante debe facer o turno de noite no restaurante de comida rápida Freddy Fazbear’s Pizza.
Atrapado nunha oficina da que non pode mover-se, alí o vixiante ten acceso ás cámaras de seguridade para monitorizar o lugar, no que se atopan uns robots, persoaxes animáis de tamaño humano que polo día serven de reclamo para o restaurante pero que pola noite campan libremente. E se te atopan, matarán-te!
Columbus, Jason Blum e mais o creador do xogo, Scott Cawthon, serán os produtores.