Bendis escribirá o guión para Kitty Pryde

273

O autor de comics Brian Michael Bendis vai-se unir ao director de Deadpool Tim Miller para faceren xuntos unha película spin-off da saga dos X-Men da que polo de agora só se sabe que ten coma título provisório 143.

Ambientada no universo da Patrulla X, 143 é o nome en clave dun proxecto que seica estará centrado no persoaxe de Kitty Pryde, a mutante que pode “entrar en fase”, o que sinifica que pode atravesar obxectos. Nos filmes X-Men: The Last Stand e X-Men: Days of Future Past o papel fora interpretado por Ellen Page.

Bendis, autor do guión de vários cómics da Patrulla X durante o tempo que estivo a traballar na Marvel (vinte anos), escribirá o guión deste filme, que será dirixido por Miller.