O regreso de Willy Wonka

Paul King, o director da série de Paddington no cinema, está a negociar os derradeiros detalles para se facer cargo de Willy Wonka para a Warner Bros. Pictures.

O filme, unha nova versión do clásico conto para nenos de Roald Dahl Charlie and the Chocolate Factory, ten coma protagonista a Wonka, o infame e excéntrico dono dunha fábrica de chocolate que ten un papel moi relevante no devandito libro e mais na súa secuela, Charlie and the Great Glass Elevator.

Simon Rich escribiu o guión e David Heyman producirá o proxecto. Gene Wilder e Johnny Depp interpretaron ao persoaxe nas anteriores versións, en 1971 e 2005 respectivamente.