Hannah Simone (New Girl) ven de se facer co papel protagonista de episódio piloto da nova comédia da canle ABC, un programa que se filmará cunha soa cámara e que será unha nova versión da clásica série de culto dos anos 80 The Greatest American Hero.
A nova versión chega da man da parella responsábel da comédia Fresh Off the Boat, Rachna Fruchbom e Nahnatchka Khan e supón un cámbio de xénero do protagonista, que na série orixinal foi interpretado por William Katt, un home branco americano, mentres que na nova versión a heroína é unha muller americana de ascendéncia índia.
Simone interpretará a Meera, unha muller duns trinta e tantos anos á que lle encanta o tequila e o karaoke e que pasou a súa vida á procura de sentido, para o desgusto da súa família tradicional índia.
Un acontecemento inexplicábel mudará o decurso da súa vida para sempre: ela será a portadora dun super-traxe que lle dá poderes e co que deberá defender ao planeta. Meera pode que atopara por fin o seu propósito, pero o mundo nunca estivo nas mans dalguén tan pouco de fiar.
Fruchbom, Khan, Tawnia McKiernan e Mandy Summers serán as produtoras executivas.