Schwarzenegger e Fassbender na secuela de Kung Fury

O actor alemán Michael Fassbender e mais o austríaco-americano Arnold Schwarzenegger veñen de se facer con senllos papéis na secuela da comédia de acción de David Sandberg Kung Fury, unha curtametraxe estreada en 2015 e que recibiu o aplauso da crítica. Sandberg pola súa banda repetirá o seu papel de protagonista e de director nun proxecto que producirá a súa compañía, a Laser Unicorns.

A primeira película foi financiada a través de Kickstarter, onde rachou un récord de doazóns, fíxo-se un óco na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes e recibiu mais de 40 millóns de visualizacións na Internet. Ambientada en Miami en 1985, Kung Fury é un duro policía experto en artes marciáis que viaxa atrás no tempo para se enfrontar ao mais maléfico dos crimináis: o mesmísimo Kung Führer, Adolf Hitler (interpretado por Jorma Taccone).

Nesta nova entrega, Miami está baixo o control de Kung Fury e os Thundercops, un grupo de duros policías recrutados a través do tempo para derrotar unha vez mais ao Kung Führer. Schwarzenegger interpretará ao presidente dos Estados Unidos.

A secuela será unha longametraxe que comezará a se rodar este verán en diferentes localizacións de Europa e os Estados Unidos. David Hasselhoff, que apareceu no filme orixinal e que ademais cantaba a pegadiza canzón True Survivor, unirá-se asemade ao reparto.

David Katzenberg, Seth Grahame-Smith, Aaron Schmidt, Philip Westgren e Conor McCaughan serán os produtores.