A Marvel Comics vai lanzar unha minisérie de cinco números centrada na versión que fai o actor Donald Glover do xoven Lando Calrissian na vindeira entrega da saga da Guerra das Galáxias: Solo: A Star War Story, producida pola Disney Pictures e a Lucasfilm.
Lando: Double or Nothing ten lugar xusto antes dos acontecementos que veremos en Solo: A Star War Story e trata sobre un incidente que se produce antes do filme, protagonizado polo mesmo Lando e mais polo robot L3-37 (a quen lle presta a súa voz Phoebe Waller-Bridge).
Rodney Barnes (Falcon) está a escribir o guión. Polo momento non se sabe quen debuxará a história, pero en todo caso e coa intención de evitar posíbeis spoilers, a Marvel quere publicar a minisérie o mércores seguinte á estrea do filme que dirixe Ron Howard, que chegará ás pantallas o 25 de maio.