A novela póstuma de George Romero en 2019

1235

O aclamado realizador George Romero morreu o ano pasado antes de poder rematar o seu traballo nunha novela de zombis que estaba a escribir: The Living Dead. O famoso director de filmes coma Night of the Living Dead e Dawn of the Dead estivera a escribir o libro ao longo de moito tempo, con períodos de inactividade polo médio, até que xa non puido continuar por mor do seu pasamento aos 77 anos.

Agora, o escritor Daniel Kraus anúncia que vai retomar a novela no punto que a deixou Romero e completar asemade o libro:

Partes do libro estaban nun tremendo estado de listas para publicar. Outras partes, preto do final do que escribiu, estaban mais incompletas, claramente coa ideia de lle dar mais sustáncia logo. Só a metade do traballo que estou a facer é completar este libro…

A outra metade é encaixar a George, de certo modo. Non só lendo cada escura entrevista e analizando o seu traballo mais escuro, senón mergullándo-me no arte que el amaba. Estou a estudar os seus filmes favoritos, ollando as súas óperas favoritas, escoitando a súa música favorita… todo no intento de atopar nelas a inspiración que el podería ter atopado.

Estou a tomar notas estruturáis e temáticas desas obras e traballando nelas no libro. Non é coma ter a George canda min, pero é o que teño, e estou a disfroitar de cada momento“.

Coma todas as obras relacionados cos zombis de Romero, esta novela mesturará o terror co comentário social. Neste caso sábe-se que hai un submarino nuclear e que a obra está espallada ao longo de tres períodos de tempo separados. A editorial está a considerar un lanzamento no outono de 2019.