Jeanine Mason protagoniza o novo Roswell

A actriz de Grey’s Anatomy Jeanine Mason ven de se facer co papel protagonista no episódio piloto que relanzará a série Roswell na canle The CW.

A Amblin TV, a Bender Brown Productions e mais a Warner Bros. TV producirán esta nova versión, escrita pola guionista de The Originals Carina Adly MacKenzie e dirixida por Julie Plec. Unha vez mais, estará baseada na saga de libros Roswell High de Melinda Metz.

A nova versión engadirá un tema de inmigración á narración. Nela, unha cansada investigadora biomédica e mais a filla duns inmigrantes indocumentados son atormentados por un tráxico incidente.

A médica descobre a abraiante verdade sobre o seu amor de xoventude, quen é agora oficial de policía: é un álien que leva agochando os seus poderes extra-terrestres toda a súa vida. Ela protexerá o seu segredo e os dous reconectarán e comenzarán a investigar as súas orixes.