O Mundo Disco de Pratchett terá unha série

1006

A BBC Studios ven de anunciar os seus plans de desenvolver The Watch, unha série de televisión de seis episódios baseada na saga de novelas de fantasía épica-cómica de Terry Pratchett Discworld.

As histórias urbanas están ambientadas nun mundo chan coma un disco e narran os choques entre o mundo da fantasía e mais a moderna civilización. Normalmente xiran ao redor da cidade de Ankh-Morpork e do seu servizo de vixianza, que pasa de estar composto por tres membros a ser unha auténtica forza policial.

Simon Allen (Strike Back, The Musketeers) está a escribir a série para a BBC Studios, que quere facer dela unha nova franquía que continuaría ao longo de novas tempadas.

Polo de agora non hai canles interesadas, pero non se agarda que teñan problemas en vender a história.