Novo intento de adaptar Black Hole

260

O director de Dope e Confirmation, Rick Famuyiwa, será o encargado de escribir e dirixir unha adaptación ao cinema da clásica novela gráfica de Charles Burns Black Hole para a New Regency e a Plan B. Arnon Milchan será o produtor.

Ambientada na costa noroeste do Pacífico nos Estados Unidos dos anos 70, Black Hole vai sobre un grupo de estudantes de secundária que contraen unha misteriosa enfermidade, seica por contacto sexual, coñecida coma “o bicho” (The Bug). Ao mesmo tempo cá síndrome causa estrañas mutacións físicas e converte aos rapaces nalgo distinto, a comunidade ten que facer fronte ás consecuencias.

A desacougante história, contada ao longo de doce números que abranguen un período de dez anos, foi compilada en 2005 baixo a forma de novela gráfica e fíxo-se merecedora de diversos prémios. Os nomes de David Fincher, Neil Gaiman, Roger Avery e Alexandre Aja estiveron en distintos momentos vencellados a este proxecto para adaptar ou dirixir versións que nunca chegaron a saír adiante.