Chris Hemsworth lidera o novo Men in Black

857

Chris Hemsworth está a negociar os primeiros chanzos dun contrato polo que se convertería no protagonista dun filme spin-off da franquía de ciéncia-ficción cómica Men in Black para a Sony Pictures.

O obxectivo é esencialmente seguir o modelo de Jurassic World, que na súa cuarta entrega tivo coma escenário o mesmo mundo e a mesma continuidade, pero enfocado en distintos persoaxes. Non se agarda que os axentes K e J, interpretados por Tommy Lee Jones e Will Smith, regresen nesta nova versión, que estará ambientada en Londres.

O plan é reunir a un elenco de actores diferente, cun home branco e mais unha muller negra, e mais un home vello. F. Gary Gray (The Fate of the Furious) sería o director a partir dun guión dos autores de Iron Man, Matt Holloway e Art Marcum.

Walter F. Parkes e Laurie MacDonald regresarán coma produtores, mentres ca Steven Spielberg volverá coma produtor executivo. O filme ten xa prevista unha data de estrea, o 14 de xuño de 2019.