The Telling, unha história de Le Guin ao cinema

231

A Bayview Films ven de anunciar que a aclamada novela de ciéncia-ficción The Telling, da recentemente finada escritora americana Ursula K. Le Guin, será adaptada para a pantalla grande coa actriz Rekha Sharma (Battlestar Galactica, Star Trek: Discovery) coma principal protagonista.

A história está ambientada en Aka, un planeta que tivo unha rica cultura pero que foi totalmente transformado pola tecnoloxía. Os rexistros do pasado foron destruídos e os cidadáns son estritamente vixiados.

Sutty Dass é unha observadora oficial da Terra que soubo da existéncia dun grupo de fuxitivos que viven na natureza e que aínda acreditan nos xeitos antigos. Intrigada, úne-se a eles nunha peregrinación sagrada ás montañas e aos perigosos terreos do seu corazón, mente e alma.

Leena Pendharker (20 Weeks, Raspberry Magic) escribiu o guión e dirixirá o filme, que conta coa produción de Rizwan Virk e J.D. Seraphine. A rodaxe comezará a finais deste ano coa intención de estrear ao longo de 2019.