The Rocketeer será unha série para nenos

A Disney Junior ven de anunciar o comezo da produción de The Rocketeer, unha nova série de televisión de aventuras en debuxos animados baseada no popular cómic do mesmo título e que xa foi levado á pantalla grande nun filme de acción nos anos 90.

A nova versión ten coma protagonista a Kit, unha rapaza que recibe un paquete sorpresa no seu aniversário, descubrindo que é a herdeira da saga do Rocketeer, un lendário superheroe que ten a habilidade de voar axudado pola súa mochila-foguete.

Armada co seu novo mecanismo e agocha baixo unha identidade secreta, Kit está disposta e erguer o vo e converter-se na heroína do día coa axuda da súa millor amiga Tesh e mais do seu tío Ambrose, un mecánico de avións, que se unen a ela nesta épica aventura.

A série estará dirixida a nenos de entre 2 e 7 anos e cada episódio durará uns 11 minutos, incluíndo unha canzón orixinal. Nicole Dubuc (Transformers: Rescue Bots) será o produtor executivo desta série que chegará á tele en 2019.