O día dos Oscars chegou e pasou repartindo moitas boas novas para os afeccionados ao xénero fantástico. The Shape of Water foi a grande triunfadora da noite con catro dos prémios máis salientábeis: Millor Película, Millor Director, Millor Deseño de Produción e Millor banda Sonora. Outros dous filmes fantásticos estiveron tamén entre os gañadores: Coco e Blade Runner 2049, con dúas estatuíñas cadanseu.
O resume para os nosos intereses: O prémio para a millor película foi para The Shape of Water e o millor director foi Guillermo del Toro. A millor película de debuxos animados foi Coco, o millor montaxe levou-no Roger Deakins por Blade Runner 2049 (esta era a 14ª vez que estaba nominado e a primeira vez que gaña!).
The Shape of Water gañou asemade o millor deseño de produción e a millor banda sonora, composta por Alexandre Desplat, a millor canzón foi Remember Me da película Coco, e o prémio aos millores efectos especiais foi para Blade Runner 2049.