Kinberg dirixirá unha Fuga de Logan feminina

246

Simon Kinberg (X-Men: Dark Phoenix) será o encargado de dirixir Logan’s Run, o longamente agardado remake do clásico filme de 1976 que á súa vez estaba baseado nunha novela orixinal de William F. Noland e George Clayton Johnson.

O argumento xira ao redor dunha sociedade utópica do futuro, na que todo o mundo que chega a unha certa idade debe morrer para así asegurar o equilíbrio entre os escasos recursos e a povoación. Calquera que non acepte o seu destiño convértese nun fuxitivo (runner) que será cazado por operativos especiais coñecidos coma os Sandmen. Logan 5 é un Sandman que é obrigado a fuxir.

O autor do libreto de The Hunger Games: Mockingjay, Peter Craig, escribirá o guión deste proxecto, para o que se agarda que a protagonista sexa esta vez unha muller. Kinberg declarara previamente que quería converter este filme no primeiro dunha posíbel franquía.

En anteriores versións que nunca chegaron a se rodar, estiveran vencellados ao proxecto nomes de directores coma Bryan Singer ou Joseph Kosinski.