A Netflix entra no Universo Estremo

Dado que o anterior acordo que había coa Graham King e mais a Fundamental Films nunca chegou a se facer realidade, a Netflix ven de dar un paso adiante e facer-se cos dereitos para o cinema e mais a televisión do Extreme Universe de Rob Liefeld.

Akiva Goldsman e mais a súa compañía, a Weed Road, continuarán vencellados ao proxecto e aínda teñen o plan de utilizar ideias e histórias para facer filmes individuáis na série coa axuda dun grupo de guionistas. Goldsman, Liefeld e Brooklyn Weaver producirán os filmes, que terán coma escenário un universo compartido.

A actual edición do “Extreme Universe” de Liefeld, co-creador de Deadpool e fundador da Image Comics nos anos 90, inclúe títulos coma Brigade, Battlestone, Lethal, Bloodstrike, Kaboom, Regex, Cybrid e Bloodwulf.