O Límite de Roche achéga-se á SyFy

695

A Syfy ven de encargar un episódio piloto para unha nova série de televisión que levaría por título Roche Limit. A série está baseada no cómic homónimo da Image Comics creado por Michael Moreci, Steve Seeley, Vic Malhotra e Kyle Charles.

A história está ambientada nunha colónia humana fundada polo millonário Langford Skaargred nun planeta alieníxena que está moi preto dunha estraña anomalía espacial. O que foi ao comezo un lugar para a esperanza converteu-se nun cruxol de avarícia, cinismo e fuxitivos da lei, no que un misterioso asasinato desenguedellará todo.

O guionista Will Pascoe (Orphan Black) encargará-se da adaptación e será posibelmente o showrunner, mentres que a Heavy Metal e mais a Fremantle Media serán as compañías coprodutoras.

A Syfy conta na actualidade en antena con outras dúas séries baseadas en universos de ciéncia-ficción que comezaron coma novelas: The Expanse e The Magicians, ambas con grande éxito.