A actriz Mackenzie Davis (The Martian) ven de se facer co papel protagonista do novo filme da saga de Terminator da Skydance, que dirixirá Tim Miller e producirá James Cameron.
O novo filme comezará unha nova triloxía e será unha secuela directa de Terminator 2: Judgment Day. Arnold Schwarzenegger e Linda Hamilton regresarán á franquía, que suporá asemade o regreso de Cameron dende que a abandonou após de Terminator 2.
Davis, cuxo papel mais recente no cinema é o dunha androide en Blade Runner 2049, ía interpretar a Domino na secuela de Deadpool, pero seica finalmente decediu-se por facer estoutro papel, que non só a pon coma protagonista da súa própia película, senón que ademais permitirá-lle probábelmente aparecer en mais secuelas.
Billy Ray (The Hunger Games) escribiu a versión mais recente do guión, que foi ideiado por Cameron, Miller e Ellison. A rodaxe comezará este mesmo verán e ten coma data de estrea o 26 de xullo de 2019.