John Constantine será unha Lenda

635

A versión televisiva de Matt Ryan do investigador do paranormal da DC Comics John Constantine regresará coma persoaxe fixo á série da canle CW DC’s Legends of Tomorrow se esta consigue ser renovada para unha cuarta tempada.

Ryan interpretou ao cínico e canso do mundo demonólogo na série da NBC Constantine, pero o seu programa foi cancelado após de tan só unha tempada. Nombergantes, Ryan continuou vencellado ao persoaxe e apareceu en várias séries da CW facendo o mesmo papel e mesmo dándo-lle voz á súa versión en debuxos animados.

Na série Legends of Tomorrow, Ryan xa apareceu dúas veces esta tempada e o seu persoaxe podería facer-se con algún dos postos libres que deixan Wentworth Miller (o Capitán Cold), Victor Garber e Franz Drameh (Firestorm).