Indiana Jones 5 rodará-se en abril de 2019

249

O director Steven Spielberg confirmou que a quinta entrega da saga de Indiana Jones producida pola Lucasfilm comezará a se rodar en Inglaterra en abril do ano que ven, co que podería encaixar na data que xa fora escollida para a súa estrea hai algún tempo, o 20 de xuño de 2020. O filme en todo caso suporá o reencontro de Spielberg con Harrison Ford, quen repetirá o seu emblemático papel, ademáis dalgúns habituais da saga coma os produtores Kathleen Kennedy e Frank Marshall e mais o guionista David Koepp.

Nunha entrevista, Spielberg dixo: “Sempre paga a pena a viaxe cando me poño a traballar con este grupo de talentos saídos de Inglaterra. Os actores, a equipa, os carpinteiros, os electricistas, os chóferes… todo o mundo que me axudou a facer as miñas películas, e que continuará axudándo-me cando volva en abril de 2019 para facer a quinta película de Indiana Jones xusto aquí“.

As catro anteriores entregas produciron case dous mil millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo e todo fai supoñer que esta quinta parte non será a derradeira, mália a avanzada idade do seu protagonista.