Astro City, unha vila de superheroes

521

A FremantleMedia North America (a compañía produtora responsábel de American Gods) ven de se facer cos dereitos para levar á pequena pantalla a saga de superheroes do cómic Astro City, orixinal de Kurt Busiek, e xa ten plans de desenvolver unha série de televisión con actores reais.

O universo de Astro City explora as vidas de xente normal nunha vila de tamaño médio nos Estados Unidos e as dos superheroes que viven entre eles, e como loitan diariamente para manter a esperanza nun mundo que semella estar cheo de acontecementos impresionantes que están fóra do control de todos eles.

O cómic mistura a épica dos superheroes co drama intimista dos seus persoaxes ao longo de dezaséis números que narran histórias independentes pero que están conectadas por arcos argumentáis mais ou menos evidentes. Todo elo será aproveitado para facer unha versión na tele, que contará polo de agora cun episódio piloto cuxo guión escribirán Busiek e mais Rick Alexander. Gregory Noveck será o produtor executivo.