A Nova Señora Keller

224

Pierre MorelO director de cinema francés Pierre Morel será o encargado de levar á pantalla grande o thriller de ciéncia-ficción The New Mrs. Keller, que protagonizará o actor e músico danés Claes Bang para a Lakeshore Entertainment. O filme está ambientado no futuro, onde a intelixente, fermosa e sofisticada Vera Keller é mais do que semella e ten atrapado ao seu home, o cirurxán Dr. David Keller, nun tenso engano. Mark Hogan escribiu o guión, que producirán Tom Rosenberg, Gary Lucchesi e Eric Reid. A rodaxe comezará en outubro.