O guionista de Flash entra na Armada

216

Dan Mazeau (Wrath of the Titans, Flashpoint) será o guionista de Armada, unha adaptación ao cinema da novela homónima de 2015 orixinal do mesmo autor de Ready Player One, o escritor Ernest Cline.

A história vai sobre un adolescente que xoga a un xogo en liña no que debe defender á Terra dunha invasión extra-terrestre, pero descubre que o xogo é en realidade un simulador que o está a adestrar a el e mais a outras persoas por todo o mundo para nos defender dunha auténtica invasión alieníxena.

O mesmo ca Ready Player One, esta novela está chea de cultura pop e de pegadas que a relacionan con filmes e libros sobre invasións alieníxenas e simuladores militares, dende Flight of the Navigator até The Last Starfighter.

A Random House e mais a Universal fixéron-se cos dereitos en 2012, pero o recente éxito de Ready Player One no cinema fixo que este proxecto saí-se do caixón onde estaba aparcado. Dylan Clark e Dan Farah serán os produtores.