A vida en Marte

192

Após do grande éxito de crítica e público do seu filme de terror A Quiet Place (arestora número 1 nos Estados Unidos), o actor reconvertido a realizador John Krasinski (The Office) vai regresar á ciéncia-ficción e unha vez mais da man da Paramount Pictures para un novo proxecto titulado Life on Mars.

Este filme, que comparte nome cunha série inglesa de viaxes polo tempo e cun remake americano protagonizado por Harvey Keitel, será nombergantes a adaptación dun conto orixinal de Cecil Castellucci chamado We Have Always Lived on Mars. Ao contrário que A Quiet Place, Krasinski non será o seu protagonista.

A história vai sobre un grupo de xente que vive nunha colónia de Marte após dun cataclismo na Terra. Cando unha das mulleres descubre que pode respirar o aire marcián, mudará de súpeto a vida de todos na colónia.

Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller serán os produtores.