A Netflix formará equipa co escritor de cómics Frank Miller e co guionista e produtor de Puss in Boots Tom Wheeler para faceren unha nova série orixinal titulada Cursed.
A empresa de streaming encargou xa dez episódios, que están baseados nun cómic para adolescentes homónimo creado por Miller e Wheeler. A obra é unha nova versión das lendas artúricas, esta vez narradas a través dos ollos da adolescente Nimue, quen está predestinada a se converter na poderosa (e tráxica) Dama do Lago.
Após da morte de súa nai, Nimue atopa un inesperado parceiro na figura dun xoven mercenário chamado Artur, quen está á procura de Merlín e dunha antiga espada. Ela converterá-se nun símbolo de afouteza e rebelión contra os terríbeis Paladíns Vermellos e o seu malvado rei Uther.
Miller e Wheeler serán os produtores executivos. Wheeler está a escribir o cómic, mentres ca Miller fornecerá ilustracións a cór e en branco e negro.