Gabriel Luna é o novo Terminator

885

Após do seu papel coma Motorista Pantasma na série da canle ABC Marvel’s Agents of SHIELD, o actor Gabriel Luna tomou-lle o gusto ao xénero fantástico e ven de se facer co posto do novo Terminator no vindeiro filme que dirixirá Tim Miller baixo os auspícios de James Cameron.

Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Mackenzie Davis, Natalia Reyes e Diego Boneta participarán asemade nesta nova entrega da saga do robot do futuro que servirá coma secuela directa de Terminator 2: Judgement Day, ignorando as outras partes (terceira e cuarta).

David Goyer está a escribir o guión, mentres ca David Ellison será o produtor. A Skydance Entertainment, a Paramount PIctures e mais a 20th Century Fox distribuirán o filme, que se estreará o 22 de novembro de 2019.