Ao este do oeste

A Amazon Studios e mais a Skybound Entertainment veñen de comezar o desenvolvemento de East of West e Transhuman, dúas novas séries de televisón baseadas nos cómics orixinais de Jonathan Hickman.

East of West está ambientada nunha nova versión dos escenários do Vello Oeste onde os Estados Unidos están divididos en sete nacións. O cómic vai sobre a Morte mentres desafía aos seus xinetes, monstros e corruptos pistoleiros no seu intento de salvar á súa família mortal do Apocalipse.

Pola súa banda, Transhuman é un drama de ciéncia-ficción ambientado nun futuro próximo. Unha parella divorciada que é dona de grandes empresas ofrece aos seres humáns a posibilidade de se milloraren xenética e robóticamente.

Hickman, David Alpert, Nick Dragotta, J.M. Ringuet, Sean Furst, Bryan Furst e Robert Kirkman son os produtores executivos. O mesmo Hickman escribirá East of West, e polo de agora están á procura dun guionista para Transhuman.