Os Nee dirixen ao novo He-Man

249

Os irmáns Aaron e Adam Nee (Band of Robbers) srán os directores do filme de He-Man Masters of the Universe para a Sony Pictures e a Mattel. A película ten polo de agora coma data de estrea prefixada o mes de decembro de 2019.

Baseada no clásico xoguete e série de debuxos animados dos anos 80, a história vai sobre o príncipe Adam, que ten o poder de se transformar nun poderoso guerreiro chamado He-Man. Baixo esta identidade, Adam será a derradeira esperanza dun mundo máxico chamado Eternia, aterrorizado pola tecnoloxía do malvado Skeletor.

David Goyer escribiu o guión, e ainda que renunciou a dirixir o filme, continúa moi vencellado ao mesmo. DeVon Franklin, Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch serán os produtores.