The Division dá o chimpo ao cinema

745

O responsábel de Deadpool 2, David Leitch, será o encargado de dirixir The Division, a primeira adaptación ao cinema do popular videoxogo da Ubisoft que contará con Jake Gyllenhaal e Jessica Chastain coma protagonistas e produtores dende o seu comezo.

A Ubisoft Motion Pictures, a Nine Stories e mais a Freckle Films producirán este filme, baseado no “shooter” en terceira persoa ambientado nunha New York distópica após do estoupido dunha pandémia de bexiga.

O xogador, que é un axente da División Estratéxica do Interior (a Strategic Homeland Division), ten a misión de reconstruír as operacións da División en Manhattan mentres investiga a natureza da pandémia e combate a actividade criminosa que xurdiu pouco despois.

O director de Syriana, Stephen Gaghan, estaba até agora vencellado a este proxecto pero tivo que abandoa-lo para se adicar á seguinte entrega da interminábel e cada vez mais soporífera saga de Fast and Furious con Dwayne Johnson e Jason Statham. The Division comezará a se rodar en 2019.

Leitch, Kelly McCormick e Riva Marker serán os produtores deste filme, cuxa versión en videoxogo xa anúncia unha segunda parte para o vindeiro mes de xuño.