M.A.S.K. contra V.E.N.O.M.

Despois de que o seu nome soara infrutuosamente para moitos proxectos recentemente, F. Gary Gray (The Fate of the Furious) será o director da adaptación ao cinema de M.A.S.K. para a Paramount Pictures.

Ainda que na actualidade os dereitos pertencen á compañía de xoguetes Hasbro, os bonecos de M.A.S.K. foran creados nos anos 80 pola empresa Kenner, que tamén produciu unha série de debuxos animados que tiña coma protagonista ao “Mobile Armored Strike Kommand” (M.A.S.K.), un grupo de combate cuxa misión era acabar coa organización criminosa V.E.N.O.M.

Nestes intres está-se á procura dun guionista e os plans son facer unha “película de subcultura contemporánea cun ángulo de empoderamento xuvenil“, segundo din os estudos. Gray, quen nestes intres está a se ocupar da pre-produción do relanzamento de Men in Black, será ademais o produtor desta nova versión dos xoguetes.