A clase mais mortal

279

A canle Syfy ven de lle dar a luz verde a unha nova série dramática baseada nos cómics de Rick Remender e Wes Craig Deadly Class. O proxecto conta nada menos que cos directores de Avengers: Infinity War, Joe e Anthony Russo, coma produtores executivos.

Ambientada nos tempos do final da contracultura dos anos 80, o argumento vai sobre un adolescente desilusionado que é recrutado para unha escola de asasinos. Alí deberá manter o seu código moral mentres sobrevive a un plan de estudos sen piedade, a agresivos grupos sociais, e mais ás súas própias inquedanzas coma adolescente.

O elenco de xoves actores xa está contratado, e así os protagonistas serán Benedict Wong, Benjamin Wadsworth, Lana Condor, Maria Gabriela de Faria, Luke Tennie, Liam James, Michel Duval, Taylor Hickson, Siobhan Williams, Jack Gillett, Sean Depner, Ryan Robbins e Henry Rollins.

Adam Targum, Rick Remender, Miles Orion Feldsott, Mike Larocca e mais Lee Toland Krieger son os produtores executivos desta série que ademais contará co apoio da Universal Cable Productions e a Sony Pictures Television.