John Ridley dirixe o seu Xeito Americano

232

O director de 12 Years a Slave e creador de American Crime, John Ridley, formará equipa cos estudos Blumhouse, responsábeis de recentes filmes de terror coma Sinister e Happy Death Day, para faceren unha longametraxe que adapte a súa série de cómics The American Way.

Ridley será o guionista e director dun filme que usa aos superheroes para explorar problemas sociais da actualidade, entre os que non fallan o racismo e a integración. A série de cómic debutou en abril de 2006, creada por John Ridley e Georges Jeanty e editada polo selo da DC Comics Wildstorm Signature.

A saga, que consistiu en oito entregas, está ambientada dez anos despois da creación dun grupo de superheroes chamado Corpos de Defensa Cívica, no que hai integrados membros de distintas razas e segmentos sociais dos Estados Unidos, para que todo o mundo se poida sentir seguro e identificado cos seus membros.

Nombergantes, o proxecto é revelado coma un amaño para pacificar ao público americano e o filme explorará as vidas dos seus protagonistas dez anos despois de que tiveran que asumir as consecuéncias. Jason Blum será o produtor deste proxecto, que está xa a ser desenvolvido pola Blumhouse.