Black, os superpoderes negros

O creador do filme de hip-hop The Breaks, Seith Mann, (tamén director de episódios de Elementary, Fringe ou The Walking Dead) ven de recebir o encargo da Studio 8 para escribir a adaptación ao cinema da mini-série do cómic independente Black xunto aos seus guionistas Kwanza Osajyefo e Tim Smith 3 coma produtores.

A história, á que algúns xa califican de mistura entre X-Men e The Wire, está ambientada nuns Estados unidos onde só os afroamericanos teñen superpoderes. O descobremento realíza-se cando un rapaz de Brooklyn chamado Kareem Jenkins é acosado e tiroteado pola policía.

Nombergantes, Jenkins sobrevive para narrar a história e conecta con outros que teñen poderes semellantes e descobren unha grande conspiración para manter ao mundo afastado do coñecemento deses superpoderes, especialmente á comunidade negra.

Studio8 ten un acordo de distribución coa Sony Pictures, que será probábelmente a encargada de estrear o filme.