O Corazón das Trebas do futuro

212

A Crackle, unha empresa filial da Sony adicada ao streaming, ven de anunciar que está a desenvolver unha série de ciéncia-ficción que versionará a clásica novela de Joseph Conrad Heart of Darkness, gardando os elementos de racismo, imperialismo e colonización, pero en lugar de ser no Congo Belga, será nun futuro onde a Terra é só un recordo moi afastado.

A história orixinal narraba como o aventureiro Charles Marlow se adentra no río Congo en 1899 para atopar a Kurtz, un comerciante de almasí. A história foi adaptada dúas veces á pantalla grande, pero a mais salientábel é o clásico de Francis Ford Coppola Apocalypse Now, que levou a acción ao suleste asiático durante a Guerra do Vietnam.

A nova versión será unha exploración do que sinifica ser humán nunha odiseia espacial onde a supervivéncia da raza humana pende dun fío. Cameron Litvack (Quantico, Grimm) será o guionista e showrunner, mentres que Branden Morgan e Tony Giglio serán os produtores executivos.