Gallego e Sánchez lévan-se o UPC

0
165

A parella más prolífica e con mais sona do xénero fantástico en España, composta por Eduardo Gallego Arjona de Almería e Guillem Sánchez Gómez de Mataró, veñen de se proclamar gañadores dos prestixiosos prémios UPC de novela curta de ciéncia-ficción coa obra La cosecha del centauro. O prémio leva acarreado un cheque por 6.000 euros.

O escritor belga Alain Le Bussy recibiu a mención especial coa novela Les Fleurs de Vlau, mentres que Lois McMaster Bujold, autora de séries de grande sona coma a de Miles Vorkosigan foi a encargada de dictar a conferéncia de honra, como limiar da lectura do fallo no decurso da cerimónia de entrega dos prémios.

Miquel Barceló foi o encargado de lér o acta do xurado que estaba formado por el mesmo e por Lluís Anglada, Josep Casanovas, Jordi José e Manuel Moreno.

Ademais, o xurado decidiu outorgar a mención UPC de 1.500 EUROS a Los Ángeles de la Inmortalidad de Gerardo Benicio Da Fonseca (Brasil).

Guillem Sánchez e Eduardo Gallego son unha parella de escritores de grande sóna no eido español. Dende 1994 publican a dúo relatos e artigos relacionados coa ciéncia-ficción. A súa obra céntra-se no UniCorp ou Universo Corporativo. En palabras de Domingo Santos, tráta-se dun “universo abigarrado, variopinto, onde ten cabida todo, dende as mais amplas xestas épicas até o devir cotiá, pero principalmente un sempre presente senso da marabilla e, sobre todo, un grande senso do humor, ás veces patente, ás veces soterrado, que é unha das principais constantes dos seus autores“.