Ehrenreich asinou para facer tres “Solos”

219

Cando aínda queda menos dun mes para a estrea mundial de Solo: A Star Wars Story, o seu xoven protagonista Alden Ehrenreich, xa está a pensar en posíbeis continuacións da película.

Nunha entrevista, o actor aclarou os rumores sobre o despido dos directores orixinais, Phil Lord e Christopher Miller, e de como foron sustituídos por Ron Howard. A parella Lord/Miller quería utilizar o seu sistema de actuación improvisada, pero isto non funcionaba neste caso, porque os actores saían-se do guión e custaba moitas perdas de tempo.

Ehrenreich dixo: “Eles tiñan un estilo distinto ao de Ron sobre como traballarmos. Dende a primeira proba de cámara, fixémo-lo moitísimo. Tentamos unha chea de cousas distintas, repensando cada escena. Iso foi construíndo un filme distinto do que outras partes querían. Eles [Lord e Miller] dixeron que os despediron e iso é. Xa mencionaran que houbera desacordos antes, pero non entraron niso. A nivel persoal, foi emocional para eles, ao andar atrás do que montáramos xuntos nese tempo. Porque eu pasei unha chea de tempo con eles, e tiñamos unha relación moi boa, eles elexíran-me“.

Ehrenreich tamén deixou moi claro que el non estivo implicado no despido da parella, e que non é certo que o reparto aplaudira cando se anunciou o seu despido: “iso é unha mentira. Para que unha equipa faga iso sifinica que os odiaban, o que non era o caso nin por casualidade”.

Ademais, o protagonista do filme apuntou que foi contratado para tres filmes, e que a produción retomou-se decontado cando chegou Howard.