A Longa marcha da New Line

1145

O guionista James Vanderbilt (The Amazing Spider-Man) será o encargado de escribir o libreto e de producir unha adaptación ao cinema da novela de Stephen King The Long Walk.

Escrita en 1979 baixo o seudónimo de Richard Bachman, a história está ambientada nuns futuros Estados Unidos distópicos cando cen adolescentes participan nun concurso anual de marcha sen paradas, e na que só ún deles pode ficar vivo e asemade recebir o prémio.

A história ten coma protagonista a un dos participantes na marcha, un rapaz de dezaseis anos chamado Raymond Garraty, e aos compañeiros que camiñan canda el, uns bós, outros malvados e algúns misteriosos. Vanderbilt, Bradley Fischer e William Sherak serán os produtores.

Seica Vanderbilt levaba unha década tentando sacar adiante o proxecto, pero os dereitos sobre a obra estaban no poder do realizador Frank Darabont. Eses dereitos finalmente caducaron, o que permite agora a Vanderbilt tentar comezar a produción na New Line.