A Outra Vida de Katee Sackhoff

197

Katee Sackhoff, unha das principais protagonistas da relembrada Battlestar Galactica, regresará ao fantástico cunha nova série de televisión que producirá e emitirá a Netflix, o drama de ciéncia-ficción Another Life da Halfire Entertainment, con guión de Aaron Martin, quen tamén será o showrunner.

Sackhoff interpretará á astronauta Niko Breckinridge, encargada da busca de intelixéncia extra-terrestre. Ela lidera unha equipa nunha misión para explorar a xénese dun artefacto álien, pero mentres o investigan deberán enfrontar-se a un perigo non imaxinado que podería ser unha misión sen retorno.

Noreen Halpern será o produtor executivo. Polo de agora a série contará con dez episódios.