A Kim Possible fai-se realidade

916

A Disney Channel anunciou que Sadie Stanley (Game Shakers) será Kim e que Sean Giambrone (The Goldbergs) interpretará a Ron Stoppable no vindeiro telefilme con actores reais que adaptará á televisión á famosa série de debuxos animados para nenos Kim Possible.

A comédia de aventuras vai sobre unha rapaza normal que estuda nun instituto de secundária pero que grazas ao seu cerebro, ao seu corazón e ao seu xeito, adíca-se no seu tempo de lecer a salvar ao mundo de poderosos falcatruáns famentos de poder. A produción comezará este verán coa idea de poder estrear en 2019.

Os creadores da série de debuxos, Mark McCorkle e Bob Schooley, xunto a Josh Cagan (Bandslam) serán os guionistas, mentres ca McCorkle, Schooley e Zanne Devine serán os produtores. Adam B. Stein e Zach Lipovsky encargarán-se de sentar na cadeira de director.