Trachtenberg leva The Boys á Amazon

915

Dan Trachtenberg, ún dos directores cunha traxectória mais ascendente nos últimos tempos, responsábel por exemplo da aclamada 10 Cloverfield Lane, encargará-se do episódio piloto da nova série de Seth Rogen e Evan Goldberg, a longamente agardada versión para a pequena pantalla do cómic de Garth Ennis e Darick Robertson The Boys, que será producida e emitida pola Amazon.

Rogen and Goldberg, quen tamén son os produtores executivos doutra série que adapta un cómic á tele, nesta ocasión Preacher na canle AMC, tiveron que renunciar a dirixir este novo proxecto por mor de anteriores compromisos, pero fican vencellados aínda coma produtores executivos. Polo de agora, o acordo con Trachtenberg só é para o primeiro episódio.

Karl Urban, Antony Starr, Dominique McElligott, Chace Crawford, Jessie T. Usher, Jack Quaid, Nathan Mitchel, Erin Moriarty e mais Karen Fukuhara son os protagonistas desta nova série, ambientada nun mundo onde runfran os superheroes.

A história vai sobre unha equipa de operacións encubertas da CIA encargada de vixiar aos heroes que se corromperon: espia-los, chantaxea-los, e mesmos ás veces obriga-los a ficar no seu posto. A rodaxe comezará en breve e chegará á Amazon Prime Video en 2019.