A Cousa do Pantano regresa á tele

740

A DC Entertainment anunciou que están a desenvolver a série Swamp Thing para a televisión e con actores reais, co obxectivo de emiti-la no seu novo servizo de streaming DC Universe que comezará a funcionar a finais deste ano.

O director de Aquaman e The Conjuring, James Wan, será o produtor executivo da nova série, que agarda a debutar en 2019. Mark Verheiden (Battlestar Galactica) e Gary Dauberman (IT) serán os responsábeis do guión e ademáis os showrunners.

A história vai sobre a científica do CDC (Centro de Control de Enfermidades, polas súas siglas en inglés) Abby Arcane quen regresa ao seu fogar natal de Houma, Louisiana, para investigar un letal virus nos pantanos. Alí desenvolverá un vencello afectivo co científico Alec Holland, quen nombergantes morre dun xeito tráxico.

Poderosas forzas descenden sobre Houma e mentres intenta explotar as misteriosas propriedades do pantano, Abby descubrirá que este agocha segredos místicos que son ao mesmo tempo horríbeis e marabillosos, e que o posíbel amor da súa vida podería non estar morto despois de todo.

Dick Durock interpretou o papel da Cousa do Pantano na adaptación ao cinema de 1982 que realizou Wes Craven e na série de televisión dos anos 90 da canle USA Network. De ser confirmada, esta série uniría-se á outra que tamén con actores reais está a se rodar arestora para a DC Universe: Titans. Esta, xunto ás série s de debuxos animados Young Justice: Outsiders e Harley Quinn formarán parte da oferta do novo servizo de streaming a finais deste ano.