A actriz e cantante adolescente Isabela Moner (Transformers: The Last Knight) será a protagonista da longametraxe con acción real que levará á pantalla grande ao persoaxe de debuxos animados da canle Nickelodeon Dora the Explorer para a Paramount Pictures.
Moner interpretará a Dora nunha aventura na que estará acompañada polo seu millor amigo, o mono Boots, e mais o seu curmán Diego. Polo de agora non se sabe mais do argumento.
O director de The Muppets James Bobin e mais o guionista Nicholas Stoller están a traballar neste proxecto, que conta coa produción de Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller. O filme conta xa con data de estrea, o 2 de agosto de 2019.