A Blumhouse e Hulu entran no Escuro

514

A Blumhouse Television e mais o servizo de streaming Hulu van traballar xuntos en Into the Dark, unha nova série de terror de doce episódios que contará con capítulos independentes o primeiro venres de cada mes, emitidos a través da Hulu.

Cada episódio estará inspirado por unha festividade que caia no mes do seu lanzamento, pero todos terán a característica sinatura do xénero de terror e de thriller da Blumhouse. A devandita produtora está xa a traballar cunha chea de realizadores, creadores e actores para lle dar vida a este proxecto.

A história comezará o vindeiro 5 de outubro co episódio The Body protagonizado por Tom Bateman. A história estará ambientada a noite de Halloween en Los Angeles, e irá sobre un sofisticado e arrogante matón, cuxa vítima convérte-se en parte do seu complexo disfraz, coma comezan a comprender os que lle rodean na sosa cultura de Los Angeles. Rebecca Rittenhouse, Aurora Perrineau, David Hull e Ray Santiago son os outros protagonistas.

A segunda entrega será o 2 de novembro, dirixida por Patrick Lussier, titulada Flesh & Blood e protagonizada por Dermot Mulroney no papel dun permisivo pai que tenta axudar á súa filla agorafóbica (Dana Silver), quen intenta resolver o asasinato de súa nai. Esa história estará ambientada ao redor da Festa de Acción de Grazas.