A Screen Gems adquiriu os dereitos exclusivos para levar ao cinema a vida do lendário cura italián Gabriele Amorth, quen morreu en 2016 após de levar a cabo milleiros de exorcismos e deixar atrás unha enorme escolma de relatos sobre as súas particulares fazañas, sempre no nome do Vaticano.
Amorth naceu en 1925 e foi distinguido polo governo italián polos seus méritos durante a Segunda Guerra Mundial. Inda que só foi recoñecido oficialmente por Roma coma exorcista en 1986, pasou a súa vida loitando contra os demos, entre os que incluiu a Stalin e Hitler, de quen dixo que estaban posuídos. Tamén criticou a Harry Potter, os masóns e mais ao ioga, aos que consideraba satánicos. A súa figura foi o suxeito dun recente documental do realizador William Friedkin, cuxo filme The Exorcist era precisamente o favorito de Amorth.
O acordo inclúe os dereitos sobre as súas dúas obras de memórias, os éxitos internacionais Un esorcista raconta e Nuovi racconti di un esorcista. O plan é usar o material para crear unha franquía, de xeito semellante a como se utilizaron as vidas de Ed e Lorraine Warren para a saga de filmes de The Conjuring.
Michael Patrick Kaczmarek será o produtor, mentres que Jeff Katz está xa a escribir o guión baseado nun tratamento de seu.